21/07/16

Santiago de Compostela decide manter o boicot antisemita contra Israel


Unha magnífica ocasión perdida a que onte lamentablemente deixou pasar o Pleno do Concello de Santiago de Compostela no debate mantido sobre a anulación do acordo do pasado 9 de novembro de 2015 e polo que a capital de Galicia sumouse a campaña antisemita de boicot contra o único Estado xudeu do mundo.
Mágoa que o sentido común, a sensatez ou a sinxela capacidade autocrítica para corrixir un erro, non imperaran onte nunha maioría de concelleiros e concelleiras composteláns, sendo o resultado final da votación o que sigue: 10 votos en contra de anular o acordo de boicot contra Israel (8 de Compostela Aberta e 2 do BNG), 3 abstencións (PSdG-PSOE) e 9 votos a prol da anulación do acordo de boicot (Partido Popular).

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos máis unha vez un chamado a responsabilidade e a rectificación. Para non seguir lixando o nome e a historia de Santiago de Compostela cun acordo indigno da casa común de todos os composteláns, e xa que logo, de todos os galegos e galegas.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) reiteramos o noso apoio a todas as medidas legais emprendidas perante os tribunais para corrixir este xudeófobo acordo do Concello da capital de Galicia.

Vigo, 22 de xullo de 2016